luns, 15 de febreiro de 2016

A Fundación Ortegalia reflexiona sobre a xeración de emprego en zonas rurais


O compañeiro Rubén Dopico, informa-nos desta nova publicada en Ferrol-360, sobre a quinta edición dunhas Xornadas de Aproveitamento dos Recursos Naturais como Oportunidade de Emprego: "O rural, fonte de emprego" que se van celebrar en Ortigueira o sábado 27 deste mes de Febreiro. Unha interesante iniciativa á que temos que prestar atención.


A Fundación Ortegalia reflexiona sobre a xeración de emprego en zonas rurais

A Fundación Ortegalia celebra o sábado 27 de febreiro a quinta edición das Xornadas de Aproveitamento dos Recursos Naturais como Oportunidade de Emprego. Baixo o lema O rural, fonte de emprego, o Museo Ortegalia acollerá esta actividade desde as 09:45 horas.

A inauguración correrá a cargo do alcalde de Ortigueira, Juan Vicente Penabad. Ao longo da mañá, intervirán Francisco Fernández Carreja, axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Ortigueira; Manuel Míguez, administrador e técnico da firma Boibel Forestal; Enrique Fandiño, enxeñeiro técnico forestal de Hifas da Terra, e Antón Vázquez Curral, director técnico de Puraga.

Unha visita á Granxa Caxigueira pechará o programa desde as 13:00 horas. Os relatores tratarán as posibilidades do Ortegal para xerar emprego, experiencias en plantación e silvicultura de frondosas, a micoloxía aplicada ao medio rural desde a investigación e a innovación ou a rendibilidade do cabalo de pura raza galega en explotacións gandeiras.

Os interesados en acudir poden poñerse en contacto coa Fundación Ortegalia nos correos fundacion@ortegalia.es e museo@ortegalia.es ou no teléfono 981402413.

Publicada en FERROL360 | Domingo 14 febreiro 2016 | 16:06
---
Enlace de interese:

Fundación Ortegalia:
http://fundacionortegalia.blogspot.com.es/

Concello de Ortigueira:
http://www.concellodeortigueira.com/

Granxa Caxigueira:
http://www.granxacaxigueira.com/index.htm

Puraga:
http://www.puraga.es/gal/

Hifas da Terra:
http://hifasdaterra.com/

Boibel Forestal:
http://gl.boibel.com/

||||||||||||||||||||||||||||||||