Aberto o prazo de inscrición para novo Curso de Fruticultura en Cerdido da Rede Xiana 2 da Deputación da Coruña.
Vaise realizar en CERDIDO un curso de AGAF0108 FRUTICULTURA (RD 1228/2006, de 27 de outubro, BOE de 3 de xaneiro de 2007)
Horario: de 9 a 14,30 H
Lugar: Casa da Cultura do concello de Cerdido.
O curso comezará na segunda quincena de marzo, e ten unha duración total de 880 horas (600 horas de formación teórica, 80 horas de orientación laboral e 200 horas de formación práctica en entidades e empresa da provincia relacionadas co sector). Os contidos son os seguintes:
- UC0517_2: Realizar os labores de preparación do terreo e de plantación froitais.
- UC0528_2: Realizar as operacións de cultivo, recolección, transporte e primeiro acondicionamento da froita.
- UC0525_2: Controlar as pragas, enfermidades, malas herbas e fisiopatías.
- UC0526_2: Manexar tractores e montar instalacións agrarias, realizando o seu mantemento.
Os requisitos académicos e de formación para poder participar son os mesmos que para o acceso a un certificado de profesionalidade de Nivel 2.
O prazo de inscrición é dende hoxe mércores 3 de Marzo até o mércores 16 de Marzo.
Aberta a toda persoa interesada das comarcas de Ortegal, Eume e Ferrolterra.
Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto cos responsables municipais do proxecto en cada concello.
||||||||||||||||||||